Ir al contenido principal

Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia


O absentismo escolar é un problema ao que os centros educativos teñen que facer fronte dun xeito directo e permanente, e é motivo de preocupación, tanto para a comunidade educativa como para a sociedade en xeral, por incidir directamente no exercicio do dereito fundamental á educación.

O dereito e a obrigación de cursar a educación básica -educación primaria e educación secundaria obrigatoria- significa que, cando menos, todo o alumnado entre 6 e 16 anos debe estar escolarizado e, igualmente, asistir regularmente a clase.

O control da asistencia a clase é unha función do profesorado, e cada centro educativo debe articular a forma de promover a asistencia a clase e o procedemento para controlar esa asistencia.

O absentismo -definido no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación- limita un dereito fundamental e hai que abordalo desde as súas orixes, tanto con medidas preventivas como con actuacións específicas.

Coa finalidade de establecer unhas pautas comúns de actuación elaborouse o Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, que ten un carácter básico e de referencia, de xeito que cada centro educativo, dentro da súa competencia e autonomía, pode adaptalo á súa realidade.

En consecuencia con todo o anterior, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, dita as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014, co propósito de trasladar o protocolo xeral e de facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.


Presentación Protocolo Absentismo.

Protocolo Educativo para a Prevención e o Control do Absentismo Escolar en Galicia


Instrucións 31 de xaneiro Absentismo Escolar

ANEXOS (editables)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Autocoidado e afectividade nos tempos da COVID 19

  Cuidarnos está en las manos de todos, luchar contra los rebrotes de la COVID-19 también. El autocuidado, dedicar tiempo a cuidar de nuestra propia salud, se ha convertido en un sinónimo de proteger a los demás durante la nueva normalidad. Descarga

PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS

SESIÓNS DE SECUNDARIA OBXECTIVOS Dentro do Programa de Prevención de Condutas Adictivas na Educación Secundaria Obrigatoria aparecen diferentes obxectivos en torno aos que traballamos nas diferentes sesións e que facilitan o noso achegamento a problemática que abordamos. Concienciar á mocidade do Concello de Pontevedra dos riscos provocados polo uso ou abuso de diferentes drogas e das novas tecnoloxías Favorecer un uso responsable e consciente das novas tecnoloxías, evitando o uso inaxeitado. Destes dous obxectivos xerais xorden outros secundarios que tamén temos presentes na nosa formación e noso discurso ao afrontar as sesións coa rapazada: Facilitar información veraz acerca da natureza, efectos e perigos derivados do consumos de diferentes drogas e das TIC. Diminuír os riscos asociados ao uso e abuso de diferentes drogas e as TIC. Evitar, reducir ou, canto menos, atrasar a idade de inicio ao consumo de certas sustancias. Traballar o...