Ir al contenido principal

Clases sen fume curso 2020/2021




https://www.sergas.es/Saude-publica/PCA-Clases-sen-fume

 Programa de prevención do consumo de tabaco en escolares de 1º e 2º da ESO (12 a 14 anos de idade)

É un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.

Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a recompensa - premio como incentivo.

Este programa forma parte do "Plan Proxecta" da Consellería de Educación.

 

OBXECTIVO

Evitar o inicio do consumo de tabaco nos mozos e mozas galegos.

 

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

  • Todos os escolares da aula e o seu titor/a comprométense a non fumar durante os 6 meses que dura o programa. Antes do inicio do programa todos os participantes manifestan o seu consumo de tabaco.
  • Elaboración dun slogan, que consistirá nun lema orientado á prevención do tabaquismo, e preferentemente, dirixido a convencer aos mozos e mozas para non comezar a fumar, e que deberá acompañarse dunha representación gráfica orixinal.
  • Desenvolver unha actividade creativa en relación coa prevención do tabaquismo, nalgunhas das seguintes modalidades: deseño de materiais multimedia, anuncio publicitario, canción con baile, obra de teatro, xogos, revista xuvenil, periódico, cómic ou conto.
  • Desenvolver as unidades didácticas relacionadas coa prevención do tabaquismo propostas na guía “A experiencia de educar para a saúde na escola” do “Programa de Prevención do Consumo de Drogas”, para cada un dos cursos de 1º e 2º da ESO.

 

SEGUEMENTO DO PROGRAMA

  • Charlas de apoio a escolares e asociacións de pais e nais (a demanda).
  • Supervisión das actividades realizadas nas aulas.
  • Avaliación da abstinencia tabáquica a través dunha cooximetría (medición do monóxido de carbono en aire espirado) realizada por os técnicos das Xefaturas territoriais.
  • Cuestionarios de valoración aos escolares e os docentes.

 

PREMIADOS E ACTIVIDADES GAÑADORAS

  • Por sorteo. Realízase un sorteo entre todas as aulas que chegaron ao final do concurso, tendo cumprido todas as actividades obrigatorias.
  • Por un xurado. Integrado pola responsable do proxecto na Dirección Xeral de  Saúde Pública, xunto cos coordinadores do proxecto nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Sanidade, e os representantes da Consellería de Educación.
  • Acto de entrega de premios: Arredor do 31 de maio Dia mundial sen tabaco, entréganse os premios nun acto lúdico presidido polas consellerías de sanidade e educación no que os escolares gañadores mostran as súas actividades.
  • Premios de Innovación educativa: Para os docentes das aulas das actividades gañadoras.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia

O absentismo escolar é un problema ao que os centros educativos teñen que facer fronte dun xeito directo e permanente, e é motivo de preocupación, tanto para a comunidade educativa como para a sociedade en xeral, por incidir directamente no exercicio do dereito fundamental á educación. O dereito e a obrigación de cursar a educación básica -educación primaria e educación secundaria obrigatoria- significa que, cando menos, todo o alumnado entre 6 e 16 anos debe estar escolarizado e, igualmente, asistir regularmente a clase. O control da asistencia a clase é unha función do profesorado, e cada centro educativo debe articular a forma de promover a asistencia a clase e o procedemento para controlar esa asistencia. O absentismo -definido no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación- ...

Autocoidado e afectividade nos tempos da COVID 19

  Cuidarnos está en las manos de todos, luchar contra los rebrotes de la COVID-19 también. El autocuidado, dedicar tiempo a cuidar de nuestra propia salud, se ha convertido en un sinónimo de proteger a los demás durante la nueva normalidad. Descarga

PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS

SESIÓNS DE SECUNDARIA OBXECTIVOS Dentro do Programa de Prevención de Condutas Adictivas na Educación Secundaria Obrigatoria aparecen diferentes obxectivos en torno aos que traballamos nas diferentes sesións e que facilitan o noso achegamento a problemática que abordamos. Concienciar á mocidade do Concello de Pontevedra dos riscos provocados polo uso ou abuso de diferentes drogas e das novas tecnoloxías Favorecer un uso responsable e consciente das novas tecnoloxías, evitando o uso inaxeitado. Destes dous obxectivos xerais xorden outros secundarios que tamén temos presentes na nosa formación e noso discurso ao afrontar as sesións coa rapazada: Facilitar información veraz acerca da natureza, efectos e perigos derivados do consumos de diferentes drogas e das TIC. Diminuír os riscos asociados ao uso e abuso de diferentes drogas e as TIC. Evitar, reducir ou, canto menos, atrasar a idade de inicio ao consumo de certas sustancias. Traballar o...