Ir al contenido principal

Entradas populares de este blog

Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia

O absentismo escolar é un problema ao que os centros educativos teñen que facer fronte dun xeito directo e permanente, e é motivo de preocupación, tanto para a comunidade educativa como para a sociedade en xeral, por incidir directamente no exercicio do dereito fundamental á educación. O dereito e a obrigación de cursar a educación básica -educación primaria e educación secundaria obrigatoria- significa que, cando menos, todo o alumnado entre 6 e 16 anos debe estar escolarizado e, igualmente, asistir regularmente a clase. O control da asistencia a clase é unha función do profesorado, e cada centro educativo debe articular a forma de promover a asistencia a clase e o procedemento para controlar esa asistencia. O absentismo -definido no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación-

Clases sen fume curso 2020/2021

https://www.sergas.es/Saude-publica/PCA-Clases-sen-fume   Programa de prevención do consumo de tabaco en escolares de 1º e 2º da ESO (12 a 14 anos de idade) É un  concurso educativo para a prevención do tabaquismo , dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto. Baséase no  compromiso individual e colectivo  (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a recompensa - premio como incentivo. Este programa forma parte do  "Plan Proxecta"  da Consellería de Educación.   OBXECTIVO Evitar o inicio do consumo de tabaco nos mozos e mozas galegos.   DESENVOLVEMENTO DO PROGRAM