Ir al contenido principal

Unidade didáctica "Á violencia de xénero dille non"



Alumnado destinatario

A presente unidade está pensada para realizar co alumnado de 3º e 4º da ESO ou 1º e 2º de Bacharelato.

Fichas e/ou paneis

Esta unidade didáctica xira arredor dun conxunto de 8 fichas ou paneis que conforman a mostra Á violencia de xénero... Dille non. Cada ficha ou panel recolle unha das principais manifestacións de violencia de xénero (en diante VX) que se dan entre a mocidade: control, celos, humillación, manipulación, abuso, chantaxe emocional, sexo, sextorsión.

Para cada manifestación proponse unha actividade/dinámica didáctica, ben que cada unha das actividades propostas se poden aplicar indistintamente a cada unha das manifestacións recollidas nas fichas ou paneis da mostra, pois están pensadas para poder ser intercambiables.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia

O absentismo escolar é un problema ao que os centros educativos teñen que facer fronte dun xeito directo e permanente, e é motivo de preocupación, tanto para a comunidade educativa como para a sociedade en xeral, por incidir directamente no exercicio do dereito fundamental á educación. O dereito e a obrigación de cursar a educación básica -educación primaria e educación secundaria obrigatoria- significa que, cando menos, todo o alumnado entre 6 e 16 anos debe estar escolarizado e, igualmente, asistir regularmente a clase. O control da asistencia a clase é unha función do profesorado, e cada centro educativo debe articular a forma de promover a asistencia a clase e o procedemento para controlar esa asistencia. O absentismo -definido no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación- ...

Autocoidado e afectividade nos tempos da COVID 19

  Cuidarnos está en las manos de todos, luchar contra los rebrotes de la COVID-19 también. El autocuidado, dedicar tiempo a cuidar de nuestra propia salud, se ha convertido en un sinónimo de proteger a los demás durante la nueva normalidad. Descarga

PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS

SESIÓNS DE SECUNDARIA OBXECTIVOS Dentro do Programa de Prevención de Condutas Adictivas na Educación Secundaria Obrigatoria aparecen diferentes obxectivos en torno aos que traballamos nas diferentes sesións e que facilitan o noso achegamento a problemática que abordamos. Concienciar á mocidade do Concello de Pontevedra dos riscos provocados polo uso ou abuso de diferentes drogas e das novas tecnoloxías Favorecer un uso responsable e consciente das novas tecnoloxías, evitando o uso inaxeitado. Destes dous obxectivos xerais xorden outros secundarios que tamén temos presentes na nosa formación e noso discurso ao afrontar as sesións coa rapazada: Facilitar información veraz acerca da natureza, efectos e perigos derivados do consumos de diferentes drogas e das TIC. Diminuír os riscos asociados ao uso e abuso de diferentes drogas e as TIC. Evitar, reducir ou, canto menos, atrasar a idade de inicio ao consumo de certas sustancias. Traballar o...