SESIÓNS DE SECUNDARIA
OBXECTIVOS
Dentro do Programa de
Prevención de Condutas Adictivas na Educación Secundaria
Obrigatoria aparecen diferentes obxectivos en torno aos que
traballamos nas diferentes sesións e que facilitan o noso
achegamento a problemática que abordamos.
-
Concienciar á mocidade do Concello de Pontevedra dos riscos provocados polo uso ou abuso de diferentes drogas e das novas tecnoloxías
-
Favorecer un uso responsable e consciente das novas tecnoloxías, evitando o uso inaxeitado.
Destes dous obxectivos xerais
xorden outros secundarios que tamén temos presentes na nosa
formación e noso discurso ao afrontar as sesións coa rapazada:
-
Facilitar información veraz acerca da natureza, efectos e perigos derivados do consumos de diferentes drogas e das TIC.
-
Diminuír os riscos asociados ao uso e abuso de diferentes drogas e as TIC.
-
Evitar, reducir ou, canto menos, atrasar a idade de inicio ao consumo de certas sustancias.
-
Traballar o espírito crítico e identificar a presión de grupo como factor fundamental na toma de decisións de cara ao consumo de drogas.
-
Dar información pura e dura sobre diferentes drogas e as consecuencias do seu consumo habitual.
-
Desmitificar crenzas e lendas urbanas sobre as drogas e o seu consumo.
-
Promover o espírito crítico sobre a problemática asociada ás TIC, favorecendo un espazo de reflexión sobre os fenómenos propios como o cyberbullying, sexting, grooming, sextorsión, etc,.
CONTIDOS
Están deseñados contidos
específicos para cada curso, adaptados para as idades e os
coñecementos que o alumnado ten en cada unha das etapas formativas.
1º ESO:
1ªsesión: uso/abuso/mal uso. Conduta adictiva. Droga.
2ªsesión: razóns para consumir. Mitos sobre o alcohol.
3ªsesión: uso/abuso/mal uso de internet.
4ªsesión: Acoso escolar.
2º ESO:
1ªsesión: conceptos básicos relacionados con condutas adictivas.
2ªsesión: O alcohol. Información.
3ªsesión: que tipo de información que transmitimos a través das
redes sociais?.
4ªsesión: ciberbullying. Vítima, agresor, espectadores.
3º ESO:
1ªsesión: Información alcohol. Mitos.
2ªsesión: Información cannabis. Mitos.
3ªsesión: Debate crítico a través de imaxes de TIC/redes sociais.
4ªsesión: conceptos grooming, sexting, sextorsión, roubo de
identidade, privacidade.
4º ESO:
1ª,2ª,3ª e 4ª sesión: Xogo de mesa por equipos para tratar de
previr as condutas adictivas dun xeito lúdico. O alumnado debe
superar probas como responder preguntas sobre condutas adictivas,
adiviñar debuxos, tabú, mímica, ou colocar aos participantes ante
situacións hipotéticas que deben resolver. Trátase de repasar todo
o traballado en cursos anteriores.
Nos obradoiros séguese unha metodoloxía participativa a través de
dinámicas grupais e con reforzos positivos
Este programa compleméntase con Programa de Prevención de Condutas
adictivas a través do cine e o Programa de Familias educadoras.
Páxinas webs de interese:
-
Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. http://www.pnsd.mscbs.gob.es/
-
Fundación de Ayuda contra la Drogadicción. https://www.fad.es/
-
Socidrogalcohol. http://www.socidrogalcohol.org/
-
Revista Adicciones. http://www.adicciones.es/index.php/adicciones
-
Internet segura for Kids. https://www.is4k.es/
-
Pantallas amigas. Por un uso seguro y saludable de internet, redes sociales, móviles y videojuegos. Por una ciudadanía digital responsable. https://www.pantallasamigas.net/
-
EU Kids Online España (grupo de investigación referente en el estudio de menores de edad y nuevos medios de comunicación).
-
Educ@contic. El uso de las TIC en las aulas. http://www.educacontic.es/
DESCARGAR PDF
Comentarios
Publicar un comentario