O absentismo escolar é un problema ao que os centros educativos teñen que facer fronte dun xeito directo e permanente, e é motivo de preocupación, tanto para a comunidade educativa como para a sociedade en xeral, por incidir directamente no exercicio do dereito fundamental á educación. O dereito e a obrigación de cursar a educación básica -educación primaria e educación secundaria obrigatoria- significa que, cando menos, todo o alumnado entre 6 e 16 anos debe estar escolarizado e, igualmente, asistir regularmente a clase. O control da asistencia a clase é unha función do profesorado, e cada centro educativo debe articular a forma de promover a asistencia a clase e o procedemento para controlar esa asistencia. O absentismo -definido no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación-
Blog destinado a la Orientación educativa y recursos para los tutores.
Comentarios
Publicar un comentario